Ensíname a volver ter fe

Afogou na beira. Tras moitos intentos de estar e ser, o devalo da alma aboiou.  Rompeu por dentro. Escribiu unha mensaxe e tirouna no mar do escepticismo. SOS, ensíname a amar, a recobrar a fe, a olvidar a inseguridade, a volver ser um devoto da paixóm, do amor fou, da entrega incondicional. Ensíname!

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Corazóm derruído

Dinamitáronlhe todo o seu ser por dentro. Desde entóm vaga inerme polas sombras sem reflexo das noites deshabitadas agardando á alguém que suture a ferida fonda e chea de tebras…descarga (7)

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Ave Fénix

Há 1 ano morreu por dentro e ansia renascer:

finou naquel minuto da sua fuxida, pareceu durar toda  a vida,

ansiou crear unha nova linguaxe para definir que supóm amar, romperse, confiar, apertar horas, rir por dentro chorando de éxtase, sincronizarse maxicamente, pegarse sem cesar ao outro como se fose o cordóm umbilical, pensarte cada dia e cada riso…

 

Morreu por dentro e 1 vez mais rebrotou. Cambiou? tinha fe na paixóm, na dualidade, na tenrura, nas conversas fluidas e exultantes. A vida pode que sexa algo futil, fugaz. Pode co fonambulismo que nos ate á vida sexa isto: manternos vivos no medio da tormenta.

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Sombra

O meu corazóm habita o olvido, a soidade e a incomprensióm. Si o idealista e tenro foi apaleado e olvidado como se nada sucedese. A dor pasou por todos os estados tópicos e comúns. O mais fácil é ter carraxe ou coiraza eterna. O mais difícil é volver a amar com devocióm:

Emocionarse nada mais oirte na porta, correr cara aos teus sonhos e atencións, desexarte mais que a mim mesmo, contarche ansioso a distancia que vexo nese amencer desde o noso miradoiro, inventar mil detalhes para ti, nós. Odiar ás agulhas do reloxo por nom termos até o fim. Nós.

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Corazóm insomne

Hoxe hai 1 ano, nunca mais a verei. Hoxe o corazóm late desconsolado e desconfiado. As apertas e entrega forom olvidadas e reiteradamente desprezadas. O cardio tras tempo asoma o seu som para retrasar a mesma morte e gozar da éxtase divina por um tempo. Gaudeamus Lesbia, o tempo corre sem cesar, apértame meu bem!

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Tenho medo sem ti

Tenho medo do meu medo, medo ante os meus pesadelos eternamente edulcorados sem reflexo, medo ante as caricias sem carne, medo do sol que me reflexa a melancolia e a soidade, medo ao nom sentir a tua aperta reiteradamente excelsa, medo da sombra que aborrecida xa nom me acompanha. Tenho medo dos meus pensamentos reiterativos ante a idea mesma do amor absurdamente irreal. TENHO MEDO DE NOM TER MEDO A ESTAR SEM TI OH AMOR, a forma mesma de nom ser eu, ser nós eterna Lesbia, ausente e vivenciadamente  sonhada e por iso mesma por encima da vida.

 

sonhar1

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

700 Post sem ti, contigo Lesbia

Lembraba aquelas manhás espertando agarrados, aqueles miradouros gozando dualmente da paisaxe, aquelas frases e miradas entrelazadas, lembrou que algunha vez mereceu a pena vivir levitando mais alá da rutina. Lembrou e desexou repetir. Desexouwpid-wp-1419439036600.jpeg

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario