A palabra comunicar procede do latím “comunis” que significa comúm. De aí que comunicar veria a falar de pór ideas e pensamentos em comúm com outras persoas.
A cadea Tele 5 súmase ao manifesto em defensa do castelhano e da lingua comúm de El Mundo, Savater e Vargas Llosa… nom entendem que milhóns de espanhois comunícanse entre si noutras linguas espanholas. Nom entendem que a democracia e o mundo tamém se expresam em cores, mundos, proxectos diferentes á sua demagoxia fascistoide transmisora de bilis e da forza esmagadora de Goliath.
Era unha fria e chuviosa noite invernal. Eles falabam como se actuasem no filme Paris-Texas. El mirouna namorado e expectante. Ela estaba ocupada, enleada no seu mundo. Non atendeu a aquela absurda discrepancia, ao problema de incomunicacióm que lhe queria expor a outra persoa. Foise a imaxe virtual e nada se soubo do mundo. ..
Algúns dim que naquel mesmo momento um pintor estaba a facer o cadro mais famoso da seguinte década, centos de nenos estabam a morrer de fame na África ignorada por todos nós, outros dim que a CIA estaba a planificar a invasióm de Venezuela, tamém que um científico alemám estaba case tocando ca sua mam um importante descubrimento para curar unha enfermidade maldita, um di que está a ver o solpor mais lindo que viu na sua vida e por iso está a chorar como um tonto emocionado por ese agasalho da natureza..
Podiamos seguir falando de miles de cousas que se estabam a facer naquel momento onde esa imaxe virtual dela xa nom estaba diante dos olhos desa persoa anónima, vulgar e nada relevante para a especie humana. Podiamos.