Fim

Rematou todo, pensou el. Xa nom aturo isto, chegou.

Ela foise como ao inicio, a memoria nom tanto. Pero quem avisou á alma? quem se levará a dor, a soidade, a vertixe, o eco, o riso partilhado, o pracenteiro sexo, a estúpida sensacióm de ser um cada momento vivenciado na éxtase? Quem parará o reloxo como ocurriu com ela, quem apertará ao corazóm e lhe recordará que tem algúm sentido num corpo humano? por que? para que? como? cando?

Preguntouse miles de cousas miles de segundos, miles de recordos, miles de estúpidas deleitacións… só vivirei unha vez dixo el, só amarei com esta paixóm unha vez, rosmou novamente. Desexou morrer nese intre, pero sabia que nom era asi, sabia que miles de poetas ou persoas anónimas estabam nese mesmo momento fodendo, amando, sendo infieis, partilhando felices, estando xuntos por necesidades económicas, por medo á soidade, por homenaxe ao pasado, por fuxir da casa, por eu que sei que conho de miserias humanas dixo el.

Gocemos lesbia minha, enganemos á noite e creamos na inocencia do amor, na sua efectividade como narcótico da vida, na sua existencia absurda como absurda é o sentido da vida, creamos miles de cousas Lesbia mentre me apertas e cremos os dous que nos amaremos toda a vida ou nunca que mais da. Apértame meu bem e enganemos a todos, enganémonos a nos mesmos.

Advertisements

About osomdaalma

Carlos Garcia, da Galiza e de muitas coisas: Pessoa sendeirismo ler xadrez política desporte Galiza A lusofonia O Cinema
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s