Monthly Archives: Decembro 2011

creo

Creo na vida eterna cando habito dentro dos teus sonhos, cando estou dentro de ti,  cando perpetro o roubo do teu ego, cando para vivir necesitas tocarme e guiarte grazas a mim, a nós.

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

tsunami

Dicias que nom gustabas dum tsunami de caricias, sexo e intensidade, dicias que despois a distancia si botabas de menos a luxuria e o dioivo da forza da paixóm, dicias mil cousas mil mentres o lume ía esmorecendo,  mentres se ía … Seguir lendo

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Propósitos

Tinha moitos propósitos novos, pero decidiu dar un paseo polo monte e respirar aire puro. Pechou os olhos e a sua mente non existiu durante um tempo. Um riso esbozouse leve e amplamente.

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

IMPLÍCATE

“Comprometer ou involucrar a unha persoa nun asunto ou circunstancia”. Pechou o dicionario e escachou de risa, nom sabia que se podia ler tanta entrada com significados diferentes para unha palabra. “Envolver ou enredar”, aí si se detivo e pensou pode … Seguir lendo

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Obsolescencia programada

Fala e dime  MENtiras, dime que existe o amor, a paz no mundo e a liberdade do ser humano, dime que se pode renunciar ao ego e apostar por borrar os pesadelos ancestrais tam enraizados, fálame e dime que renunciaremos a … Seguir lendo

Publicado en Uncategorized | 1 comentario

Medo

Tenho medo de ter medo, tenho medo de nom ter medo e desbocarme sem temer perderte, tenho medo de nom ter medo e morrer cada dia, temor de que cada dia nom sexa algo novo e apaixoante, tenho medo de … Seguir lendo

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Alma desgarrada

O sopor da ausencia e a rutina da incandescencia da paixóm , a lúa que parecia iluminarse só para eles, a perpetracióm do crime da individualidade arredista, a asuncióm de que nim o amor pode retrasar o fim, o ego … Seguir lendo

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Portugal

Cruzou a ponte de Tui e respirou o ar puro do medievo recuperado. Gostou de volver ás origens e olvidar que a etnocida Espanha continuava ali.

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Mínteme e dime que me queres…

Lembras Jonhy Guitar? esa escea de um amor pasado e dos equívocos desta parelha protagonista, o amor doe , o amor nom dura, o amor é irreal, o amor é egoista, o amor… Pensaba co amor é fermoso, intenso e … Seguir lendo

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Xuramento

Xuro que nom penso cambiar no esencial ainda ca vida me faga tremer e cuestionarme as veces cousas moi intensamente, xuro que a noite seguirá sendo para mim o refuxio dos amantes que se apertam sonhando quizá que existe a … Seguir lendo

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Fazer maldades

Gostaria fazer maldades, talvez habitar nelas um tempo. Confundir á neboa, ao pássaro que voa  caminho de uma meta, fazer que creas que te podes namorar, seguir a pista do tesouro que tanto persegue o ser humano ca sua cobiza … Seguir lendo

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Vertixe

Naufragar sem o teu alento ensonhado,  probar a soltar a mam e vagar pola biosfera, saber que todo será baldio mas teimar no intento, gozar do reflexo da tua sombra, intuir que cupido é só um asalariado do nadal, valorar … Seguir lendo

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Gárgolas

Os nosos pensamentos som gárgolas dispostas a voar e atacar a quem ouse interrumpilos, som horrores do pasado e dum posíbel futuro, som a dúbida e a indecisióm feitos carne.

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario