Arquivo
- Febreiro 2020
- Decembro 2018
- Novembro 2018
- Abril 2018
- Marzo 2018
- Setembro 2017
- Xaneiro 2016
- Decembro 2015
- Novembro 2015
- Setembro 2015
- Agosto 2015
- Xullo 2015
- Xuño 2015
- Xaneiro 2015
- Decembro 2014
- Novembro 2014
- Outubro 2014
- Setembro 2014
- Agosto 2014
- Xullo 2014
- Xuño 2014
- Maio 2014
- Abril 2014
- Marzo 2014
- Febreiro 2014
- Xaneiro 2014
- Decembro 2013
- Novembro 2013
- Outubro 2013
- Setembro 2013
- Agosto 2013
- Xullo 2013
- Xuño 2013
- Maio 2013
- Abril 2013
- Marzo 2013
- Febreiro 2013
- Xaneiro 2013
- Decembro 2012
- Setembro 2012
- Agosto 2012
- Xullo 2012
- Xuño 2012
- Maio 2012
- Abril 2012
- Marzo 2012
- Febreiro 2012
- Xaneiro 2012
- Decembro 2011
- Novembro 2011
- Outubro 2011
- Setembro 2011
- Agosto 2011
- Xullo 2011
- Xuño 2011
- Maio 2011
- Abril 2011
- Marzo 2011
- Febreiro 2011
- Xaneiro 2011
- Decembro 2010
- Novembro 2010
- Outubro 2010
Blog Stats
- 27.480 hits
Monthly Archives: Abril 2012
Esperar
Esperar e saber que ela nom chamará, reiterar o sabido xa.Gozar da beleza da ausencia constante, constantemente presente. Agoirar o futuro imperfecto, perpetrar o desembarco no paraiso revisitado e recibir o aire viciado da tua conformista aparicióm a distancia. Intuir … Seguir lendo
Publicado en Uncategorized
Deixar un comentario
S
Gostaba do s, da sua textura, da sua forma, do seu som e da sua ondulada búsqueda de nom se sabe que. Adoraba gardar letras ou formas de S, afanosamente ordeaba, contaba e saboreaba com fruicióm cada achádego. Pasabam os … Seguir lendo
Publicado en Uncategorized
Deixar un comentario
Rua melancolia
Habitar um lugar e nom saber por que, saberse delinhante de sonhos e ionqui de afectos, Perpetrar o roubo fugaz da tua beleza e chorar por sempre por nom ter ese éxtase que se toucou brevemente, rozar os pantasmas da … Seguir lendo
Publicado en Uncategorized
Deixar un comentario
Náufrago
Som náufrago dos meus recordos, das minhas ansias irrealizábeis, Som náufrago de ti, do teu carinho, sexo, companhia e paixóm. Gostaria cando te tenho nom arribar nunca mais a porto e deixarme levar polas tuas ondas
Publicado en Uncategorized
Deixar un comentario
Luz
Nesta longa noite necesito a tua luz para ver, para sentir e esculpir um novo futuro cheo de ti, contigo, por ti e para ti.
Publicado en Uncategorized
Deixar un comentario
Esta noite tou sem ti
Xacer na cama sem ti, agardar que pasem as horas e que a impaciencia se volva paciencia, desfolhar as ondas do mar buscándote sem acougo na lonxania desta noite, sonhar com esa aperta e co teu corpo dentro de mim, … Seguir lendo
Publicado en Uncategorized
Deixar un comentario
Canso de ser eu
Tou canso de ser eu, de amar asi e nom ter alguém ao outro lado. Canso de vivir por dentro com paixóm e alegria e por fora com escepticismo. Canso de que ti nom estés agora e que para sempre … Seguir lendo
Publicado en Uncategorized
Deixar un comentario
Baleiro por dentro
Levabam tempo xuntos, pode que toda unha vida ou só uns anos , Rirom, gozarom imenso do seu sexo e da sua vida interior, viaxarom, pasearom, virom filmes, sonharom, falarom, planificarom, mirarom casas onde habitar num futuro… ela nom quixo … Seguir lendo
Publicado en Uncategorized
Deixar un comentario
Morrer nas portas do paraiso
Morria sem ela de soidades farto, esmoleiro das suas caricias e risos vacuos, com ela morria de melancolias varias e ignorado por amores nom correspondidos, Sem ela deambulaba pesaroso e inerme, sem ela desconhecia o sentido da vida, Com ela … Seguir lendo
Publicado en Uncategorized
Deixar un comentario
Decálogo
Asina o meu decálogo e seremos xémeos novamente: – Prohibido alonxarse do outro sem mirar rindo. – Obrigado aos deuses paganos por xuntarnos por azar. – Permitido estar sós sabendo que a sua presenza estará para sempre aí. – Imprescindíbel apertarse em … Seguir lendo
Publicado en Uncategorized
Deixar un comentario
Inventarei um novo idioma
Superarei os meus medos, incomprensións, ego, dúbidas, ciumes, avatares, os nosos. Crearei um novo idioma que nom tenha palabras de reproches nim de desamor, unha linguaxe que só tenha alouminhos e caricias, que exprese um léxico de paixóm e gozo, … Seguir lendo
Publicado en Uncategorized
Deixar un comentario
Desexaba unha aperta
Como um insomne caminhaba sem ela por primeira vez, palpaba o futuro e apertaba os seus recordos xuntos. Nom desexaba pensar pero ela aparecia por todos lados, parou e pechou os olhos novamente. Apertouse a el mesmo e seguiu andando.
Publicado en Uncategorized
Deixar un comentario
Caminhar só
Caminharás só, oirás o vento que zoa no teu maxim e pensarás que algúm dia fuches feliz com ela ou foi um sonho? os fios da memoria esvaécense e o mofo empodecre o amencer xubiloso daquela feliz aperta.
Publicado en Uncategorized
Deixar un comentario