Um novo dia e marchou despavorido xunto a ela. Ansiou voar no seu coche e acurtar a longa distancia cos separaba e nom volver despegarse do seu corpo e da sua alma. Como outras veces ela foi fria, distante, aterradoramente sua. Pasarom os minutos e o corazóm del foise conxelando, acorralando a ilusióm e o futuro. El deambulaba ese dia polas sombras do seu maxím e necesitaba as suas caricias, o seu corazóm. Preguntoulhe se o queria e ela apenas susurrou o desdém de quem nom se sabe viva, alegre ou de quem desexaria envelhecer xuntos. El oiu iso e marchou raudo cara ao inferno da sua soidade, do mofo que dominaba nese intre o seu corazóm. Odiou o seu odio, a sua rutina sem ela. Acurrucouse no seu sofá e chorou lágrimas tam profundas que nom saíam. Berrou palabras tam feas e desesperadas co eco nom desexaba darlhes vida. Ansiou acabar xa ca sua vida, pero era covarde para iso. Pensou que tirara ese tempo percorrido, pero era diferente unha vez que xa estivera com ela. E todo por nom mentir e dicirlhe co queria. Todo por aferrarse ás sombras e nom querer gozar do elixir que retarda a morte e alonga a mentira da vida. Dos seus labios só xurdiu unha estúpida palabra: xa.
Arquivo
- Febreiro 2020
- Decembro 2018
- Novembro 2018
- Abril 2018
- Marzo 2018
- Setembro 2017
- Xaneiro 2016
- Decembro 2015
- Novembro 2015
- Setembro 2015
- Agosto 2015
- Xullo 2015
- Xuño 2015
- Xaneiro 2015
- Decembro 2014
- Novembro 2014
- Outubro 2014
- Setembro 2014
- Agosto 2014
- Xullo 2014
- Xuño 2014
- Maio 2014
- Abril 2014
- Marzo 2014
- Febreiro 2014
- Xaneiro 2014
- Decembro 2013
- Novembro 2013
- Outubro 2013
- Setembro 2013
- Agosto 2013
- Xullo 2013
- Xuño 2013
- Maio 2013
- Abril 2013
- Marzo 2013
- Febreiro 2013
- Xaneiro 2013
- Decembro 2012
- Setembro 2012
- Agosto 2012
- Xullo 2012
- Xuño 2012
- Maio 2012
- Abril 2012
- Marzo 2012
- Febreiro 2012
- Xaneiro 2012
- Decembro 2011
- Novembro 2011
- Outubro 2011
- Setembro 2011
- Agosto 2011
- Xullo 2011
- Xuño 2011
- Maio 2011
- Abril 2011
- Marzo 2011
- Febreiro 2011
- Xaneiro 2011
- Decembro 2010
- Novembro 2010
- Outubro 2010
Blog Stats
- 27.681 hits