Vale a pena vivir sem amor Lesbia?

Nom quero espertar um dia e pensar que nom tenho a alguém, que morrerei mais cedo que tarde e que a vida ( carrusel de trabalhos, rutinas e presas) nom amada nim mimada nom vale a pena. Que ofrezo?

Mirarte cada dia como se fose a primeira vez, chorar os teus choros porque se ti sofres eu esmorezo. Se ti gozas de pracer sexual eu o sinto nas minhas entranhas, se ti te golpeas eu sinto esa dor, se ti tes um baixóm eu me estremezo aturdido. A intuicióm é saber a distancia que ti nom estás bem, é verte o entrar na casa e saber que caminhas preocupada. Queres cambiar de filosofia e ser feliz em parelha? é o amor, chámalhe se che parece cursi, ou o carinho unha mentira? NÉGOME ROTUNDO: a vida é para vivila, a felicidade pode ser só um momento pero canto vale  a pena!  naufragar no medio da tempestade e que a persoa amada sexa amparada, sostida polo outro. A forza do meu amor, das minhas caricias é grande! Pode que um nom saiba mil cousas banais do dia a dia pero sei rotundo que é mimar, pensar ao outro, volver a ti tras um equívoco e idolatrar a companhia, o sostém emocional. Levo toda  a vida idealizando esta estúpida vida, consciente de que quizá sexa a única cousa que vale a pena neste, as veces inferno ou abulia vital.

Ofrezo unha vista deleitosa tras  o fragor do combate, unha aperta sentida, unha viaxe ao goce eterno, um beixo cada dia e cada noite, um rictus nervioso se vostede Lesbia cambia e se deixa seducir cada dia, cada intre. A vida é esa estúpida inercia, que nós os humanos, podemos adornar ou edulcorar cada xornada, cada amencer, cada cancióm ou cada paseo.

 

Advertisements

About osomdaalma

Carlos Garcia, da Galiza e de muitas coisas: Pessoa sendeirismo ler xadrez política desporte Galiza A lusofonia O Cinema
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s