Monthly Archives: Marzo 2013

Mentiras para vivir

Algúns inxenuos crem que a sua vida interior pode compensar o egoismo reinante que domina no mundo exterior. Algúns pensam que com sorte podem atopar a alguém especial, afortunados aqueles.  Falar de nós, no lugar de eu. That the question … Seguir lendo

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Amareite por se

Cando nom te conhecia xa te amaba, cando te fuches e me deixaches ainda te amaba, cando nom te tenha amareite. O meu ser foi cortado a tua medida, minhas som as tuas penas, alegrias e ensonhacións minha Lesbia. Choro … Seguir lendo

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Amareite clandestinamente

Estouparei por dentro ao tocarte, mimarte e sentirte. Pecharei os olhos agradecido e com ganas de gritar mais nom o farei porque os segredos, os privilexios som máxicos, eternamente nosos. Nós nom necesitamos gram irmáns  nim exhibicións, nom agardamos probas … Seguir lendo

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Ti

Só hai unha cousa no final de cada horizonte, de cada espertar rutinario, do outro lado da saba apenas rozada e ansiada no final da xornada. Ti.  

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Helena

Vivia co corazóm num punho. Ansiaba ir acompanhada ao cine, á escuridade do cuarto. Riu com lágrimas no corazóm. Caminhou deambulando no medio da cidade. Desnortada elixia um xogo mental, um visual: esta vez saltou por encima de tres pozas … Seguir lendo

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Soidade

Ela nunca me abandoa. Apértame, mímame, pensa em mim. Vós, oh Lesbias habitades no voso mundo, na vosa devocióm. Eu pivoto sobre a vosa companhia, beleza, ocio puntual. Desaparezo e xa nom existo. Si para ti Soidade eterna, o meu … Seguir lendo

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Olhos

Os teus olhos som o fulgor que inicia cada dia, a aurora que irradia alegria na manhá. O teu riso é o motor que engraxa o mundo, as tuas meixelas encarnadas som o vento que zoa e esperta a rutina … Seguir lendo

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Pode

Pode que algunha vez ti e eu esteamos xuntos, pode que nese momento eu si vexa as auroras boreais que levo esperando. Pode que sexa nese intre o momento de olvidar os eus, os egos, os quizá. Pode que pasemos … Seguir lendo

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Acércate

Vem Lesbia e construiremos um novo mundo sem rumbo, sem caos, sem egoismos e sem fim. Habitaremos os nosos sonhos como se nunca outro ser os tivese, viviremos no mundo das apertas e da complicidade eternamente repetida e degustada como … Seguir lendo

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Habito na loucura

Habito e deambulo na noite eterna, na ansia utópica de amar e ser amado, gozar e ser gozado sem fim.  Vivo na éxtase da soidade que elucubra paraísos constantes, piruetas que sonham com xeometrias duais, apertas tam íntimas que dam … Seguir lendo

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Sonhos

Sonhaba que era sonhado  por ela. Ansiaba habitar momentos antes nunca presentidos, vividos por outro ser. Agardaba mentres presentia que pode que vivir sexa algo transcendente.

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

mÍrame

Mírame e dime que nom me alonxarei mais de ti. Aférrate a mim. Aloumínhame ou que caia o solpor sobre a Terra. Para que viver?

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Quero enganarme !

Desexo enganarme e quero pensar que esta vida tem um sentido: Ansio pensar que conhecerte nom foi puro azar. O noso gozo nom foi só pasaxeiro, as nosas parolas tampouco. Os nosos proxectos e sentimentos, intres compartidos forom um motivo … Seguir lendo

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Nom sae dizer que te quero

Hai frases que doem, que furam a esperanza, que alonxam ao ser humano da sua alma, da sua redencióm. Pode unha persoa aprender a amar? pode um ser querer dar pasos?: Era sábado noite. Como nos últimos meses a sua … Seguir lendo

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Amor nom correspondido

O amor nom correspondido é como vivir sem ser vivido, sonhar sem ser sonhado, gozar sem ser gozado. Rir sem ser compartido. Terte sem saberse vivo. Momificado em vida, clausurado na cela do amor idealizado mais nom correspondido. Podo dizer … Seguir lendo

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Coleccionista

Coleccionaba sonhos, nubes pasaxeiras, amores pasados e futuros recreados e inventados, ideais apenas realizados… Era um idealista compulsivo, um estúpido que aspiraba a crear xeometrias duais, xémeas, compartidas e gozadas. Ainda mais se te tenho ao meu lado?

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Imprescindíbel?

Gostaba de pensar que para ela era algo imprescindíbel: um alento único, um constante pensamento, o acompanhamento do seu café diario, parte do seu latexo segundo a segundo… teimaba em sonhar que iso podia ser certo. Andrómedas?

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Homo Sapiens

Dim ca capacidade de comunicarse foi definitiva na conformacióm do actual ser humano. Dim que andar a duas patas foi anteriormente fundamental para desenvolver o cerebro humano. Outros crem que conhecerte é um novo salto na especie. Pode que compartir … Seguir lendo

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario