Lágrima

Hoxe nom podo escribir os versos mais tristes porque a minha lágrima inunda a tua ausencia, os meus poemas adicados a ti, as minhas constantes atencións e mimos, as minhas presas por estar contigo, a minha devocióm por ti, o meu eterno riso ao teu lado esvaécense porque ti queres ser só ti, independente e com tempo sem mim. A distancia nom podo consensuar ou equilibrar o pulso, si o amor como dominio. Lembras aquilo de que eu debo tamém facerme feliz nisto noso?

Implicarse é intuir que existe unha luz no horizonte que alcanzaremos os dous. Implicarse é saber que em directo pasámolo bem xuntos e que a minha paixóm desbocada es ti, facerte feliz, facerte plena no carinho, apoio e tenrura eterna e renovadamente tua. Saber co amor é unha companhia e que aquela posta de sol, aquel miradoiro ou aquela praia das Catedrais só era para nós no medio da masa, lembras????

Isto funciona e si nos entendemos pero existe o medo a nom ser xa 1, a amar e ser amado incondicional e desaforadamente. Lembras as eternas e constantes chamadas telefónicas nas noites dos amantes?

Lesbia meu bem, a melancolia avanza no meu corazóm. Ti podes deter o tsunami e facer que sexamos felices, 1. Falaremos.Brevidade e sequidade.

Unha lágrima avanza sem remisióm e o meu corazóm chora sem cesar. Lesbia sabes que facer pero intúo que xustificarás a tua teima com tal de nom vir a mim, a nós. Será real esa tese?

 

http://www.youtube.com/watch?v=QoEZB0XvEZQ

images (2)

About osomdaalma

Carlos Garcia, da Galiza e de muitas coisas: Pessoa sendeirismo ler xadrez política desporte Galiza A lusofonia O Cinema
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s