Monthly Archives: Xaneiro 2014

Se eu fose…

Se eu fose ese libro que devoras até altas horas na tua cama com impaciencia e sem pausa seria… Se eu fose ese raio de sol que buscas com degoiro tras moito tempo chuvioso seria… Se eu fose esa ducha … Seguir lendo

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Penélope

Agardareite meu bem, tecerei unha tea para atrapar os teus medos e dúbidas, recrearei todos os mitos do amor perdurábel, sonharei que me sonhas e que agardas, agardamos mantendo o noso amor. Retocaremos e perpetuaremos o mito do Sísifo que … Seguir lendo

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Búscote

Os meus olhos esculcam e devecem por ti na lonxania, o meu latexar ecoa na distancia sem fim buscando resposta. Os meus dedos ansiam tocarte 102 kms de lonxe, o meu corazóm e cerebelo percebem e demandam, nòs.

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Gritos

Desexaba gritar a sua felicidade. Ansiaba verte Lesbia real e perpetuar a ilusióm nunha longa eternidade. Calou intensamente. O latexo percorreu o silencio e atravesou o espazo e o tempo. O seu riso solidificouse e aninhou. Pode co amor sexa … Seguir lendo

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Ecoar

O corazóm sobrevivia na apatia e no naufraxio sem fim. De repente sentiu um ecoar convulso e constante, raudo, nervioso, frenético. Apareces e nada volve ser igual. O mundo exterior retumba, a vertixe asáltame e só tenho um asideiro: perderme … Seguir lendo

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Desgastaríate

Desgastaríate cada dia, cada aperta, cada mirada, cada intre. Cada sonho teu seria velado por mim. Mimariate de xeito que cada medo, dúbida ou inseguridade esmoreceram só com presentirme, agarimarnos.

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Parelha

Sabíase só, felizmente idealista e constantemente fracasado no seu intento de albiscar e tocar o horizonte. Riu, chorou. Agardou a unha Lesbia que nom se horrorizase ao ouvir a palabra parelha. Trazou co seu iris um futuro eternamente sincronizado e … Seguir lendo

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario