Monthly Archives: Xullo 2014

Recordos

As lembranzas proianlle. O amor estoupou novamente na sua vida. Todo desaparecia de novo nuns segundos. Fervenzas de dor, recordos, paixom, carinho, viaxes, momentos compartidos feitos anacos. Oscilaba entre o enfado, as ganas dese amor e a mais profunda desesperanza. … Seguir lendo

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Labio

O meu labio xa nom e meu: a mordiscos salvaxes mordino agardandote e sufrindo, xa nom extraem palabras de amor, ti calas  a distancia. Eu morro nesta longa noite sem amor nim os teus mimos. Botasme do paraiso e debo … Seguir lendo

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Confuso

Somnolento oscilaba entre o idealismo, o medo, as dúbidas e os pensamentos retroalimentados. Só pedia unha  longa aperta duradeira, um olhar intenso cada manhá e unha companhia latente na soidade. Cerrou os olhos e disolveuse no medio dos seus pensares.

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Intensidade paixonal

O vento zoa e as ondas batem. Dirixese ao rochedo da destrucciom: todo carinho e paixom de nada valerom. As atencions e mimos naufragam ante o ego e os avatares da vida. Contar os dias, facer aniversarios dos meses ou … Seguir lendo

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

A alma…

Onde resida a soidade namorada, presentida, ilusionada, frustrada, subitamente derrotada…

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Ate logo

Onde habite o olvido estarei eu. Onde haxa um ideal ou 1 aperta fugaz rumiarei a ausencia daquel ser amado.  Meu carinho traza xeometrias imposibeis  para facerte carne e compartir auroras e solpores. Corre meu bem, xa me tardas.

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Sem amor para que vibrar, sonhar, levantarse?

Nada respondo. Nada sinto. Nada elucubro xa. Vagar inane e inerte. Pálido e desconcertado. O fermoso nom dura. Todo é irreal. Todo habita no olvido. Desaparece cardio e fe ilusionada. Todo foi irreal?  Eu nom existo. Isto ninguém o le. … Seguir lendo

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

O amor pode ser suficiente?

Observar xuntos num miradoiro 1 fermosa paisaxe, intuir o que ti pensas ou apertarte para reparar um ma dia, chamarte por teléfono ou apurar para verte, espertar co teu corpo fermoso e nu entrelazado. O amor pode explicar e mitigar … Seguir lendo

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

O amor nom é suficiente

O amor nom chega. Tanto dá que sexa pleno, entregado e que os dous corpos falem sós. o amor nom o é todo dixo mentres o expulsaba do paraíso. Só somos carne feita para descomporse e mirarnos sem saber que … Seguir lendo

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Absurdo

Como num castelo de naipes todo desapareceu nuns segundos. Para nada valeu a entrega e o carinho. Para que viver pleno, sincronizado e gozoso? O ego e o inferno interior rompem o lazo mais fermoso e exultante. O amor nom … Seguir lendo

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Sedento

Desde que bebim no noso gozo, no noso oasis deste mundo de furia e presas som um sonambulo, um desarraigado na distancia da nosa dualidade eterna, vibrante, retardadora da mesma fim.

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Louco

Loucura ante o teu olhar infinito, insondabel e tenue. Na outra vida seguirei sem pestanexar absorto ante o silencio repoludo do teu iris irradiador de luz, beleza, ardor e resurrecciom.

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Vida

4 palabras: Eternidade que e o rescoldo do que sinto por ti mais ala do tempo e do espazo. Riso cando chego a ti e apertote, tocote e vibro. Luxuria que me transmite a nosa paixom irrefreabel e incombustibel. Cegueira. … Seguir lendo

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Ti

Existe a loucura, estar sem ti. Existe a soidade, crer que sem ti xa nada e igual. Existe a cegueira: nom verte e pensar que todo pode seguir o seu curso como se nada sucedese. Removerse inquedo sem cesar e … Seguir lendo

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Lesbia

Existes ou es produto da paixóm, da ensonhacióm, da aperta emocionada, da mágoa cando nom se está ao teu lado, do riso sincronizado?

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Conviccióm

Tenho a mais firme conviccióm de que te quero totalmente entregada e segura de nom voltar estar soa nim ao teu. Convencida de que o amencer nom é só tal e como ti o ves, senóm como o contas ou … Seguir lendo

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Fulgor

Definirse como humano é absurdo tras estar em ti, gozar da éxtase inenarrábel e  dubidar de que exista algo tam fermoso coma o noso fulgor compartido.

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario