Monthly Archives: Decembro 2014

Chuva

Chove no meu corazom. Diluvia…

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Loucura

A loucura de viver e nada entender

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

La Foule

O mundo segue como se a mim nada me pasara… recordar e volver a pasar polo corazom e olvidar, como se fai???

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Palabras

As palabras nom expresam o que sentimos. Nom explicam as nosas entranhas, desexos, alegrias ou penas. A comunicaciom humana e inexacta e boba. Deberiamos crear outro medio para dialogar e chegar a acordos. Olvidar os egos e os infernos creados … Seguir lendo

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Vertixe

Mareado, perdido, inseguro… o corazom faise duro. Inerme e inerte, nada acabara esperando? Vertixe enorme. Lembras aquela torre alta que subim porque ti estabas arriba? Agora ti nom estas e eu quedei so mirando para abaixo mareado e perdido. Sem … Seguir lendo

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Sabes cal e a medida de todas as cousas: despertar e verte apertandome como nos trouxo o mundo. Eu mirarte e sorrir. O resto e prosaico e irrelevante. Hai momentos que nunca se olvidaram. Tampouco como te alonxas ou rifas. … Seguir lendo

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Som po

Vivo no teu olvido: nom contestas as minhas chamadas, ansias e desvarios amorosos. Habito na tua indiferenza. Os meus dedos e atencions nom existirom. A  nosa paixom irrefreabel foi mentira. As nosas multiples viaxes e conversas nunca tiverom lugar. As … Seguir lendo

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Baixada aos infernos

Sem ti. Sem a nosa aperta aferrada e perfeita. Ardo de dor e pesar.

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Onde habite a loucura

Si ali estarei eu agardandote meu bem. Nas beiras da tolemia pensarei em nos xuntos. O telefono separounos da eternidade. Eu equilibro as minhas emocions no fio da manicomio das minhas entranhas cheas de tebras. Estas palabras som a expurgaciom … Seguir lendo

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Existo?

Existes: Amas. Sofres. Penas. Divagas… trazo mentiras quimericas e invadenme as pantasmas do noso gozoso amor pasado. O meu ser treme e chora invadido-invalido por ti.

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

vivim

Sei que vivim porque amei. Sei que existim porque fum feliz ao teu lado. Sei que existe o inferno porque estamos lonxe. Sei que existe o olvido. Habito no teu.

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Chorame

Chorademe lagrimas. Choro sem cesar: ela, a mais fascinante das mulheres desapareceu. Amabaa como nunca o fixera. As penas, condenadas elas, cravanse e fam dano. A melancolia cabalga e o meu territorio mais intimo esta indefenso e orfo. Faltas ti … Seguir lendo

Publicado en Uncategorized | 1 comentario

As portas de Tannhauser

Ninguém pode contar como gocei, compartim e sentim estar em ti Lesbia. Agora ignorasme e esmorezo no teu olvido. Sei que morro cada dia sem nós mas tamém sei que vivim algúm dia plenamente. O meu amor pode que fracasara … Seguir lendo

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Como lágrimas na chuvia

Perdinte e as minhas lágrimas dilúense no medio da chuvia deste temporal invernal. Nada nim ninguém consola ou entende esta dor: todo pasa dim, debes entregarte menos… a paixóm e a alma buscárona um tempo. O corazóm e a desilusióm … Seguir lendo

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Xeo no meu corazom, tremo. Extase arrebatado sem pestanexar. Loucura como resultado. Ansia de ti, dor, pena, tolemia…

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Feridas

Hai cicatrices que nom se vem e que nunca desaparecem. Hai amores que pasarom e que estremecem a alma so lembralos. Hai vidas revividas ao caer as lagrimas impune e independentemente. Habito as ruas baleiras e fantasmagoricas dos meus pesadelos. … Seguir lendo

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Mil motivos

Hai mil motivos para a tenrura e o carinho. Eu som po para vos senhoras do pasado. Mil motivos para caer na vertixe das apertas sincronizadas Esvaecer os egos e medos, Asaltar os teus pesadelos e habitar o limbo dos … Seguir lendo

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Itaca revisitada

Constantemente loitaba Buscando esa aperta, ese miradoiro compartido, ese Polifemo co que pelexar para estar contigo como recompensa  na batalha da vida. Volver a ti minha Exla foi o meu bem mais preciado deste 2014. Da minha vida sem mim, … Seguir lendo

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario