Cando digo Marinha recobro a fe,
o mundo renasce e todo cobra sentido,
as fontes rebrotan e volvo crer no amor.
Cando quero sonhar digo Marinha,
cando quero ter fe ou esperanza digo o teu nome,
cando desexo entrelazarme a distancia pénsote ou cerro os olhos-
Espertar ou rir é obra do noso gozo ou eterna aperta.
Beixar é tocar a distancia os teus labios,
amar é rir ou mirarnos ao lonxe
,
romanticismo é compenetrarnos e fluir cada dia xuntos.
Cando digo Marinha sinto cos sonhos som realidade,
Como dicia Pessoa o amor é cursi, tem que selo.
Marinha o meu amor furtivo e secreto, envexado polos deuses. Perseguido por aqueles que nos vem beixandonos ou extasiados por toda Galiza ou por este absurdo mundo.
Cando digo Marinha, choro e rio. Asmote.
Cando digo Marinha todo ri, faste presente en cada rincón desta galaxia. Ti es a medida de todas as cousas. Ti es o gozo e a tenrura, os teus detalhes e dozura som o elixir e néctar deste o noso amor. Ti es o carisma, ti es o grandor, ti o alento, o alouminho, Todo.