40 dias de loucura bendita, nosa!

Choro ao pensarte, rio ao estar lonxe saudoso de ti, desesperome ao amarte pensando que feliz som e que breve e’ a vida! Salvaxemente gozamos da tortura de amarmos só nesta vida. Soletreo o teu nome e a estaca do teu/noso amor atravesame a alma! Xa nom som eu, somos. 40 séculos concentrados no noso amor de filme tenro, cursi, excitante,  marabilhoso. Nós violentamos as leis da física, nunca caminharemos de igual xeito: siameses da paixom fou, loucos por tocar o paraíso ateo. O noso entrelazado riso perdidamente estupido. Excitante, demasiado breve para vivilo só unha vez. Corre meu amor e gozame outra vez, as parcas avanzam incômodas ante o noso gozo eterno.

About osomdaalma

Carlos Garcia, da Galiza e de muitas coisas: Pessoa sendeirismo ler xadrez política desporte Galiza A lusofonia O Cinema
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.