Seguir vivindo

Um 15 de Novembro desapareciches para sempre via mensaxe. Um covarde clic foi todo o teu sinal de adeus, de último recordo, de esforzo, de raiba? de lembrarte desta estúpida alma. Coma se nada, segues vivindo, segues cas tuas clases, co teu bipolarismo, co teu labor político ou musical. Eu habito o territorio do mes de Abril. Si, ese odiado mes de abril, ese frio e chuvioso. Segues como se talvez eu nunca estivese em ti. Coma se esas flores entregadas por mim, ese riso, falar fácil e namorado, estupidamente, apaixoado nom existisem. O meu teclear, lembrar seleccionam só o feliz e o abandono, o sutil fuxir. Esas gafas e ese longo cabelo, ese deambular pola queixa do teu pasado amoroso, mas sem cavilar, reparar no dano que me fas. Tanto dá. Segues vivindo. Eu nunca faria tal. EXPLICACIÓNS? MEDO? MENTIRAS do teu amar nunca feito realidade . 33 anos. Pontevea. Bicos sem fim. Pontes de vertixe reais e de ficcióm. Saires de filme romántico do teu coche, carro, cabalgata máxica. Poses nerviosas ou reais nada mais sair do vehículo. Riso. Conexióm. Paseo. Beixos. Longa conversa como se nos conhecésemos de longo tempo. Outra ponte e eterno beixo, noso. Asalto trala cea e esa longa mirada epilogal. Furia e paixóm dese dia setembral. Eu xa nom existo para ti. Segues vivindo. 3 meses despois, outro fácil clic para bloquearme na rede ao solicitar um saudo, um porqué. Odio o meu odio, o meu esquecemento nos teus dedos nas minhas costas, das tuas pernas cerradas tralo meu corpo gozoso e teu.

Publicado en Uncategorized | 2 Comentarios

Quérote

Existen quérotes com maiúsculas e minúsculas, com paixóm ou por quedar bem. Existiches ti e eu. Ameite. Vivim. Morrím.wpid-wp-1419439036600.jpeg

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Quixem…

Quíxena tanto que me inventei ca queria, amábaa tanto que esgotei as minhas lágrimas e sorrisos. Queríate de xeito tam íntegro e lastimoso para os meus dedos doridos que ao apertarte de raiba  esvaecias. Amei a minha mentira, fuxiu coa única pegada dum watsapp. Eu atónito, queria  a vida mesma de xeito pleno e nervioso. Pasou. Esmorecimento.

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Vivo

Sei que revivim porque ti saiches da néboa, o teu riso e aperta dinamitarom a existencia rutinaria.  Sei que existo porque os teus labios fixeronme recobrar a fe. Sei que hai um horizonte porque habitas ti nel. Sei que existe o elixir divino, ti

Publicado en Uncategorized | 1 comentario

Vivo

Sei que revivim porque ti saiches da néboa, o teu riso e aperta atronarom a existencia rutinaria.  Sei que existo porque os teus labios fixeronme recobrar a fe atea. Sei que existe um horizonte porque habitas ti nel. Sei que existe o elixir divino, ti.

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Corazóm derruído

Dinamitáronlhe todo o seu ser por dentro. Desde entóm vaga inerme polas sombras sem reflexo das noites deshabitadas agardando á alguém que suture a ferida fonda e chea de tebras…descarga (7)

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Ave Fénix

Há 1 ano morreu por dentro e ansia renascer:

finou naquel minuto da sua fuxida, pareceu durar toda  a vida,

ansiou crear unha nova linguaxe para definir que supóm amar, romperse, confiar, apertar horas, rir por dentro chorando de éxtase, sincronizarse maxicamente, pegarse sem cesar ao outro como se fose o cordóm umbilical, pensarte cada dia e cada riso…

 

Morreu por dentro e 1 vez mais rebrotou. Cambiou? tinha fe na paixóm, na dualidade, na tenrura, nas conversas fluidas e exultantes. A vida pode que sexa algo futil, fugaz. Pode co fonambulismo que nos ate á vida sexa isto: manternos vivos no medio da tormenta.

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Sombra

O meu corazóm habita o olvido, a soidade e a incomprensióm. Si o idealista e tenro foi apaleado e olvidado como se nada sucedese. A dor pasou por todos os estados tópicos e comúns. O mais fácil é ter carraxe ou coiraza eterna. O mais difícil é volver a amar com devocióm:

Emocionarse nada mais oirte na porta, correr cara aos teus sonhos e atencións, desexarte mais que a mim mesmo, contarche ansioso a distancia que vexo nese amencer desde o noso miradoiro, inventar mil detalhes para ti, nós. Odiar ás agulhas do reloxo por nom termos até o fim. Nós.

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Corazóm insomne

Hoxe hai 1 ano, nunca mais a verei. Hoxe o corazóm late desconsolado e desconfiado. As apertas e entrega forom olvidadas e reiteradamente desprezadas. O cardio tras tempo asoma o seu som para retrasar a mesma morte e gozar da éxtase divina por um tempo. Gaudeamus Lesbia, o tempo corre sem cesar, apértame meu bem!

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Tenho medo sem ti

Tenho medo do meu medo, medo ante os meus pesadelos eternamente edulcorados sem reflexo, medo ante as caricias sem carne, medo do sol que me reflexa a melancolia e a soidade, medo ao nom sentir a tua aperta reiteradamente excelsa, medo da sombra que aborrecida xa nom me acompanha. Tenho medo dos meus pensamentos reiterativos ante a idea mesma do amor absurdamente irreal. TENHO MEDO DE NOM TER MEDO A ESTAR SEM TI OH AMOR, a forma mesma de nom ser eu, ser nós eterna Lesbia, ausente e vivenciadamente  sonhada e por iso mesma por encima da vida.

 

sonhar1

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

700 Post sem ti, contigo Lesbia

Lembraba aquelas manhás espertando agarrados, aqueles miradouros gozando dualmente da paisaxe, aquelas frases e miradas entrelazadas, lembrou que algunha vez mereceu a pena vivir levitando mais alá da rutina. Lembrou e desexou repetir. Desexouwpid-wp-1419439036600.jpeg

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Corazóm latente

Tras moito tempo o corazóm rebrotou o seu pulso. Era por algo concreto? era por que botaba de menos aquel constante volcám de sensacións? a luxuria e a paixóm escondéronse um bo tempo. Como se dum brazo fose a alma conectouse co cardio e este quixo revivir simplesmente porque si ou porque pode, ou quizá…

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Nunca existim

Nunca amei nim toquei a éxtase, só foi a impostura de querer vivir no goce e na luxuria que um sonhou naquelas noites idealizadas. Nunca vivim. Nom existo nim nada deixarei. O pó avanza de vagar.  A noite agarda 1 aperta eterna sincronizada. Lesbia?

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Som fume

Cada dia que pasa é fume na memoria, nom existo e nada deixo,

Cada desilusióm vital fai de mim um escéptico e um inerme, inerte, impulsivo buscador de amor fou, paixóm, desvario e loucura.

Cada enruga na memoria marca a fogo e lume esquinas do pasado ainda ferradas no lembrar dos fastos pretéritos. Deambula o meu ser sem rumo nim certezas. Só as apertas e o eu sabem que ansiam.

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Finxir

Nunca amei, nunca finxir apertarte?  O meu amor por ti foi a impostura da mentira de vivir, a debilidade de entregarte a outro sem medo a que te olvide e fuxa. Fum feliz ao teu lado, enganeime ao mentirme a mim e á vida. Corre meu bem , tempo inexorábel. Esta vida estúpida e sem sentido si tivo algúm ao teu lado até que ti lhe quitaches todo. A minha felicidade foi o edulcorante da droga da entrega sem condicións e do maltrato emocional posterior. A alma foi acosada e expurgada. Dentro só quedou a dor e a candura de quem ainda pensa que existe o amor dual e vivenciado, tenro e posíbel. Orfo o eu chora recuperando a fortaleza coa inseguridade como telóm de fondo esvaecéndose. A alma finxe que segue vivindo e que cre na aperta e na vida compartida. Finxe que eu vivo e devezo por ti alma fútil e buscadora do mesmo. EXISTES?

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Deconstruindo a alma

Xurei nom amar nunca mais a ninguém tanto como a amaba. Foise.

Xurei amala com todo o meu corazóm. Agora tras irse cruelmente quase a desprecio.

Xurei nom xurar nunca. Fíxeno.

Xurei cerrar este blog porque se me xelou a alma e o meu ser.

A soidade asulagoume e ainda me persegue. O meu ego foi inundando polo tsunami da tua ausencia e incomprensióm.

O resto é olvido e  flores que rodeam a terra que me sepulta em vida. Deconstrúete alma. Xurde e volver ilusionarte. A vida é engano e ocupacióm. Rutina acompanhada ou horizontes que perseguir. Comecemos alma covarde e idealista.

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Tenrura

As apertas cream mundos novos, novas sensacións e olvidadas paixóns. Reelaboremos estas minha Lesbia futura. Xurde, apura, corre lentamente.

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Ave Fénix

Como se dunha ave Fénix renascerei das minhas cinzas  paixonais. Ela, fuxiu furibunda sem memoria e co meu corazóm feito pó. O amor nom o é todo dixo. Triste alma atormentada e cruel. Renascer e ilusionarse. A alma comeza o caminho dolorida e coa esperanza no horizonte.

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario