Monthly Archives: Xuño 2012

Crepita

Crepita a noite solitaria sem ti, o dia reverdece só pensándote. Divagam os longos dias do verám e ti afastaste nos meus sonhos ou apértasme de repente. A caixa de Pandora volverá a abrirse e pode que no fondo dela … Seguir lendo

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

idealista

SI, era certo: era um idealista. Gostaba de sonhar e imaxinar um mundo melhor, a sua vida interior era pura dinamita. Era demasiado intenso. Pensou em cambiar. Pero como facelo. mmmmmmm. Nom sabia ou si, decidiu abrir unha conta a … Seguir lendo

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Nitroglicerina

Desde que te conhecim algo estoupou dentro de mim. Pode que tenha efectos secundarios ou que me destroce por dentro, mas moitas veces é adictivo, apaixoante, lúcido, marabilhoso. Pode ca vida sexa só o intervalo entre conhecerte e perderte. Pode.

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

The Cure

 Espertou ese dia e sem saber o motivo comezou a cantar Trust. Tatareouno mil veces caminho da oficina de emprego. Abriu a porta e a cancióm tinha ainda mais forza. Sentou, esperou e com sorte falou co funcionario. Marchou de … Seguir lendo

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

AMNESIA

Chamáronse mil veces mil, apertáronse outras tantas, gozáronse coma nunca, derom paseos e observarom filmes debaixo da manta do carinho, viaxarom. Pasou um tempo, pouco dim. Ela olvidou isto. Pensaba na pedra que lhe doia no zapato, carai que pedra … Seguir lendo

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Facebook, twitter…

Mudam os tempos e mudam as vontades. A relacióm epistolar acabou e agora o mundo virtual manda nas interrelacións. Co tempo decidiu entrar nese mundo e comezou a falar com persoas. Gostaba de parolar com varias e sobre todo com … Seguir lendo

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Dominica, Martinica, Santa Luzia…

Gostava de fazer viagens imaginários mas nunca saiu do seu mundo interior. Gostava de namorar-se mas nunca foi amado, gostava de cambiar o mundo, este resistiu-se. Um dia sem saber como ou por que olhou um mapa do mundo e … Seguir lendo

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Yesterday

Si foi onte cando a quixem como nunca a ninguém, talvez nom a quixem, pode que si. Só sei que por aquel minuto diario do seu tempo ( cheo de ocupacións, angurias e desexos de soidade)  que pensase em mim, … Seguir lendo

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

KMS

Existem kilómetros entre nós pero cando tes frio eu seino ao instante, cando te estremeces eu fago o mesmo, cando pensas em nós eu compartilho o mesmo… os kilómetros som só o invervalo fugaz de quem se sabe mais forte … Seguir lendo

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Por um minuto teu

Daria o meu reino por um minuto do teu tempo. Renegaria de moitas cousas por ser o teu centro de atencióm,  gostaria alterar as tuas conexións cerebrais para que pensases em mim, em  nós …. Cavilaba e pensaba que seguia … Seguir lendo

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Cada dia é diferente

Oxalá saiba apértarte cada dia de forma diferente,  olerte, oirte, intuirte e sonharte de xeito cambiante. A rutina é o edulcorante de quem nom desexa perpetuarse e só vexetar. Eu tentarei que cada encontro sexa algo único, mirareite e pensarei … Seguir lendo

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

ESPIAREI OS TEUS SONHOS…

Espiarei os teus sonhos, localizarei onde está o watergate que por veces conspira contra o noso status quo, saberei asexar entre cada pesadelo para que estés confiada no noso. Interpretarei cada REM, cada movemento ocular para tentar que eu forma … Seguir lendo

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Nunca morrerás

Cando lembre os gozosos momentos xuntos ti recobrarás vida em mim, cando me ensimisme observando o horizonte ti recobrarás a forza e paixóm que me transmitias. Cando algo me atravese ou me trema a pel ti resucitarás de entre a … Seguir lendo

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Por que lates?

Estaba nesa fase da vida onde perdes a ilusióm, ideais que se evaporam, persoas que se borram. Desexaba recobrar a paixóm com novos amenceres, metas ou auroras boreais. Intuía que se pode chamar a ese ser polo que sentias algo … Seguir lendo

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Buscarei a luz

Encontrar algo que nunca buscaches, perder o que sempre desexaches, saber que pode que nom haxa luz mas intentalo. Privilexiar o paraíso perdido ainda que outros gocem dos paraísos fiscais ou artificiais. Saber que calquera cousa xurdirá no medio do … Seguir lendo

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Gostaba de ironizar sobre a mentira do amor e era moi precavido cos seus sentimentos. Um dia foi dar um paseo e parou atónito ante a fotografia dela num escaparate. O seu corazóm sem previo aviso latiu de forma desaforada.

Publicado o por osomdaalma | Deixar un comentario

O amor xa nom é o que nunca foi…

Gostaba de coleccionar fotos da sua actriz preferida dos anos dourados de Hollywood. Era das poucas cousas que mantinha de cando era mozo. Iso e o equipo de fútbol, bem pensado agora aburrialhe o balompé e o cinema mitificador do … Seguir lendo

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Gostaria ser deus para…

Gostaria ser Deus para moldar-te na tua criaçao: ver como do barro nascem os teus seios, o teu sexo, o teu riso, o teu bafo que inunda o mundo de alegria…

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario