Arquivo
- Febreiro 2020
- Decembro 2018
- Novembro 2018
- Abril 2018
- Marzo 2018
- Setembro 2017
- Xaneiro 2016
- Decembro 2015
- Novembro 2015
- Setembro 2015
- Agosto 2015
- Xullo 2015
- Xuño 2015
- Xaneiro 2015
- Decembro 2014
- Novembro 2014
- Outubro 2014
- Setembro 2014
- Agosto 2014
- Xullo 2014
- Xuño 2014
- Maio 2014
- Abril 2014
- Marzo 2014
- Febreiro 2014
- Xaneiro 2014
- Decembro 2013
- Novembro 2013
- Outubro 2013
- Setembro 2013
- Agosto 2013
- Xullo 2013
- Xuño 2013
- Maio 2013
- Abril 2013
- Marzo 2013
- Febreiro 2013
- Xaneiro 2013
- Decembro 2012
- Setembro 2012
- Agosto 2012
- Xullo 2012
- Xuño 2012
- Maio 2012
- Abril 2012
- Marzo 2012
- Febreiro 2012
- Xaneiro 2012
- Decembro 2011
- Novembro 2011
- Outubro 2011
- Setembro 2011
- Agosto 2011
- Xullo 2011
- Xuño 2011
- Maio 2011
- Abril 2011
- Marzo 2011
- Febreiro 2011
- Xaneiro 2011
- Decembro 2010
- Novembro 2010
- Outubro 2010
Blog Stats
- 27.885 hits
-
Úneche a outros 11 subscritores
Monthly Archives: Novembro 2010
O odio divino
Estar em ti foi um acontecemento, um fito e por iso os deuses ódianme a morte. Roubeilhes a beleza e nom mo perdoam. Descifrei o átomo do tempo e fixem de cada segundo contigo um enigma espazo-temporal eterno.
Publicado en Uncategorized
Deixar un comentario
Só um grao
Nom quero separarme de ti, négome a que entre ti e eu haxa un abismo de poucos centímetros. Um grao de indiferenza teu e xéase o meu mundo, inúndanse as minhas expectativas, sopla o vento do desánimo, neva sobre a ledicia, … Seguir lendo
Publicado en Uncategorized
Deixar un comentario
Quítame a roupa rapidamente
Tenho presa de ti: quero espirte e quitarche toda a tua roupa, o teu desexo e os teus medos, sonhos e intimidade. Tenho apuro de demorarme na espiral cronolóxica da paixóm e paralizar todo, para novamente acelerar e marear ás coordenadas espazo-temporais. Vísteme rápido, … Seguir lendo
Publicado en Uncategorized
Deixar un comentario
fala o silencio
Falar pronunciar um pode, quizá um oxalá, sonhar com aquela tarde do solsticio de outono, pensar em como nacem as ideas sobre nós, pensar que pensamos que podemos ser, musitar algo que o tempo e o vento nom se levem, … Seguir lendo
Publicado en Uncategorized
Deixar un comentario
Esculpir na pedra
Desexo que esculpas na pedra um novo xeito de mirar, pensar, crer e coordenarse os dous. A telepatia é a arte de anteciparse ao destino é labrar cada um o do outro. A noite é o lugar onde os sonhos … Seguir lendo
Publicado en Uncategorized
Deixar un comentario
Náufrago
Estar á deriva, sem saber como nim porqué se chega aí, pedir axuda sem ouvir resposta, suplicar unha mao, tragar nom só auga senóm tamém sufoco cotidiám, levantar a cabeza e buscarte tras tanto tempo, aferrarte á vida por … Seguir lendo
Publicado en Uncategorized
Deixar un comentario
Quando um está
Quando um está ao teu lado nom quere pensar senóm ser, quando um está longe odeia o espaço que nos separa, quando te oio só quero ter um sentido, quando te toco só desejo desaparecer,quando te miro cégo-me, quando te … Seguir lendo
Publicado en Uncategorized
Deixar un comentario
Temporal no cardio
Azota o vento, abatem as ondas, trona, o tsunami comeza com forza, despois vem um tornado… que é isto? a crioxénese caminho da inmortalidade nada mais observarte onte..
Publicado en Uncategorized
Deixar un comentario
As tuas lágrimas de aceiro
Quero que as tuas lágrimas nom se vaiam nim um dia de chuvia. Quero que sexam só por mim, para mim, contra mim, em mim, a, ante, baixo, com, de, desde…
Publicado en Uncategorized
Deixar un comentario
“QUE…”
Dis “que” e moves os teus labios co teu xesto característico, riste e legalizas a crioxénese obrigatoria.
Publicado en Uncategorized
Deixar un comentario
O povo da torre
Contam que um povo perto de Eurasia, vivia há 300 anos feliz sem rei. Só tinha um problema: o dia 1 de novembro sem causa conhecida os seus habitantes morriam ao tirar-se da torre mais alta do lugar. Houve investigacións … Seguir lendo
Publicado en Uncategorized
Deixar un comentario
Eva
Cada vez que via a Eva miraba para as suas pernas. Eram fabulosas pensaba. Pasabam os dias e sempre facia o mesmo, estaba fascinado, intrigado, hipnotizado por tam fermoso membro. Os seus olhos pediam sempre observar o paraíso. Um dia, … Seguir lendo
Publicado en Uncategorized
Deixar un comentario
Trabalho significa instrumento de tortura
O tripalium era um antigo instrumento de tortura que constaba de tres estacas ás que se ataba ao reo… Odiaba tres cousas por encima de todo: a pescada, ir a clase de matemáticas e ver a tonta da sua vecinha Ana … Seguir lendo
Publicado en Uncategorized
Deixar un comentario
Recordar significa volver pasar polo corazóm
Em tempos o lugar da memoria pensabam que estaba no corazóm, si ese mesmo órgano supurador de líquidos e bomba constante da nosa enerxia corporal. Andaba como sempre devagar caminho do trabalho. Sempre facia o mesmo percorrido e unha vez mais … Seguir lendo
Publicado en Uncategorized
Deixar un comentario
A incomunicacióm
A palabra comunicar procede do latím “comunis” que significa comúm. De aí que comunicar veria a falar de pór ideas e pensamentos em comúm com outras persoas. A cadea Tele 5 súmase ao manifesto em defensa do castelhano e da … Seguir lendo
Publicado en Uncategorized
Deixar un comentario
Desexaria nom ser
Ía temporal fora da casa, frio, muita chuvia, sopor, humidade. El estaba ao pe da lareira perdido nos seus pensamentos e mirando par o lume. Desexaba perderse no vento, ser o lume apagado pola chuvia. Aletargado foise perdendo no lento crepitar … Seguir lendo
Publicado en Uncategorized
Deixar un comentario
o fio invisíbel
Nom se entendiam, nom se podiam botar de mais, nom se apoiabam o suficiente, nunca se dixerom adeus, nom se compenetrabam, nom se podiam alonxar para sempre, nom se amarom como debiam, nom podiam viver noutro planeta.
Publicado en Uncategorized
Deixar un comentario
Eles
Parece, dubidas, queres, confias, temes, valoras, temes, desexas, habituas, alouminhas, aborreces, apaixonas, apetece, fuxes, sofres, esperas, ansias, amas, odias, impacientas, envelenas, miras, observas, olhas, espias, sonhas, padeces, reverencias, asexas, agasalhas, pensas, falas, cavilas, penetras, acaricias, escapas, segues, olfateas, tocas, oles, … Seguir lendo
Publicado en Uncategorized
Deixar un comentario