Monthly Archives: Abril 2013

Tenho medo

Tenho medo do meu medo, medo de nom satisfacerte ou de nom namorarme cada intre que te vexo. Medo de nom variar cada segundo para que cada dia ao teu-meu lado sexa único e inesquecibel. Medo de que olvidemos todo … Seguir lendo

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Muros

Derrubarei o teu muro que protexe da paixóm e da entrega,  perforarei a dúbida, a falta de carinho ou a coraza que resgarda a intimidade doida no pasado. Agardo que ti oh Lesbia caerás nas redes do carinho e da … Seguir lendo

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Sei

Sei que o mundo existe porque ti daslhe sentido, sei  que hai desxeo nos polos porque ti mo produces no meu interior, Sei que existe  a noite porque é cando ti nom estás, sei que existe o amencer porque é … Seguir lendo

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Devocióm

Tenho devocióm polo teu riso, pola tua alegria de vivir, polo aire que ti sostés e pola tua natural espontaneidade. Tenho devocióm pola tua fermosura  e polo teu sentido do humor. Tenho oh Lesbia o corazóm deambulando despavorido cando te … Seguir lendo

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Devorareite

Saltarei sobre ti como se fose um tigre. Enchereite de caricias e loucura, perderemos a razóm que a nada leva e habitaremos um novo xeito de sonhar e existir. Pode que no noso desvario cheo de bucles e xeometria algo … Seguir lendo

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Pasos

Dar o paso pola outra persoa, mergulharse na paixóm e no carinho. Por que custa tanto desprenderse do eu e converterse en nós?

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Ti

O sol, o amencer e a lua queixáronse de ti: es o centro do universo, o motivo de cada espertar e de cada anoitecer…

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Olhos

Os teus olhos som o meu elixir divino, a raíz da minha alma, o resplandor  que destaca no mundo que me rodea. O motivo principal para habitar e naufragar nos teus sonhos.

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

————————————————–

O meu corazóm chamoute sem falar, berrou sem eco, clamou num deserto sem oasis. Nom oes como retumba por ti?  Apértame e habitaremos um novo mundo, um novo xeito de ser inmortais.

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Escoita

Berrei hoxe durmindo e nom me oiches. Lonxe, a distancia nom me sintes. Aperteite hai poucos dias e nada sentiches?   Hai persoas que temem namorarse, temem nom ser xa um.  

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Sem ti

Nom sei se a amei toda unha vida, dous dias ou tres anos e medio. Nom sei se puidem facer as cousas melhor. Só sei que as veces som pó no corazóm nela, só sei que morro por ela, só … Seguir lendo

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

COMO?

OS TEUS OLHOS Como seducirte para que te aferres a nós? Sei que estou vivo porque te  miro e dou grazas por existir. Sei que estou morto porque nom estou ao teu lado, sei que habito o purgatorio porque ti … Seguir lendo

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Nom ser

Gostaria ser imprescindíbel para ela, gostaria que compartisem unha aurora  boreal e cada dia um novo edém, gostaria habitar os seus medos e sonhos, inseguridades e ideais, amores e praceres, gostaria estar no seu maxim, gostaria.

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Andrómedas

Existes oh amor ou es produto do marketing?  pode desgarrarse o meu interior só com verte, presentirte? o eu ansia verte, tocarte, oirte, olvidarme e mecerme polo teu riso, o teu ser. PODE que poidamos olvidarnos de nós e devecer … Seguir lendo

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Solidao

Onde habita o coraçao que reviva a paixao cada instante? onde o eco da companhia presentida a distancia?  poderá unha alma desexar a outra mais que a si mesma? Sonhei que beixei os teus doces labios? vivir Lesbia é  insomne … Seguir lendo

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

GRIPAZO

Levaba um dia rutinario, com constipado, só, matando o tempo como boamente podia. No cuarto do hotel apenas si se podia oir o som da calefacióm central. No cuarto do lado houbo ruidos frugaces, no outro o som da paixóm … Seguir lendo

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

STOP PAIXONAL

Pare corazóm, pare. Nom se ilusione, nom se apaixone, nom se imaxine novos lugares, novas viaxes, novas formas de namorar ou sentir. Volva ao seu raciocinio, á sua rutina cotidiá.  É preciso seguridade, tempo, confianza. É posíbel ca alma no … Seguir lendo

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Muro

Desexaria derrubar o teu muro, as tuas defensas. Asaltar os teus medos, prevencións, inseguridades, prazos prudentes. Fascinado polos teus olhos, polas tuas meixelas, pola tua naturalidade. Atrapado sem remisióm. Sei que existem prazos para todo, até para morrer. Sei que … Seguir lendo

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario