Monthly Archives: Outubro 2014

Para sempre marcado a ferro e gozo ?

Gostabas muito dela? Hai preguntas que um pode contestar breve e claramente, outras só divagar ou facer um tratado: – Sabes como é unha brisa forte que é reconfortante cando a tua cara é acariciada? ela era asi cada dia. … Seguir lendo

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Síntomas

Por que tenho bolboretas no estómago, durmo mal, estou nervioso e nom me centro? Todo por recordos e por sensacións que emerxem de dentro. Traizoam o presente e asaltam a vida sem aviso. Dous seres nom se querem entender- ou … Seguir lendo

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Almas

Buscar almas coas que contactar no medio das presas e da neboa. Persistir em dias horrorosos e de vertixe. Naufragar sem cesar e apertarse por inercia a esperanza exterior. Esvarar no medio da tormenta e cerrar os olhos.

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Incomunicaciom. Soidade. Melancolia. O espertar apertandose fortemente aos recordos e presentindo que pode ser absurdo vivir, Sonhar, Existir.

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Nom existo

Estas mans que tecleam apenas som entelequia tua e propia da realidade virtual, este corazóm que sufre é pura ilusióm, esta cabeza que nom para é só apariencia, eu nom sei quem som. A ilha interior agora vaise á deriva … Seguir lendo

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Morrer

Morreu por dentro cando deixarom o seu. Como expresar a dor e a desilusiom de quem ama e ao pouco e abandoado? A noite e a melancolia meu amor som o caminho para os que amam sem recompensa.  Aqueles 17 … Seguir lendo

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Por ela

Por ela subiu ate um campanario alto pese a ter vertixe, por ela entrou nunha familia alhea e pensou que seria a sua num futuro.. por e para ela viviu cada um deses meses. Gozou, sonhou, tocou a extase compartida. … Seguir lendo

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Tenrura

Esmolaba em sonhos o seu carinho, a sua aperta maxica. Ela desaparecera e olvidarao. A inseguridade cegabao, o seu ser protestaba ante o seu eu. A loita interior zozobraba por dentro da sua alma atormentada. Cerrou os olhos e esvarou … Seguir lendo

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Eu som

Eu som teu, ainda que parece que agora tras um tempo som um cumulo de defectos e inquietudes. Som teu ainda que pode que nunca mais nos vexamos. Som teu ainda que apenas lembres as minhas caricias e atencions. Som … Seguir lendo

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Xa nom existo para ti

Tras um bo tempo de viaxes constantes, tenrura, gozo salvaxe, complicidade… xa nom existe. Ela borrouno sem motivo, atisbo de paixom nim desexo de estar xuntos. Triste amnesia e doloroso existir os dos seres humanos que prefirem a sua soidade … Seguir lendo

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Da ti o paso

Estabam no arame da ruptura. Caminha meu bem, acercate e  precipitate polo cantil da desesperaciom definitiva. Supera a vertixe e segue as minhas instrucions… Vivir desde o principio e dirixerse a morte sem sentido. Nom hai deuses, sentido  a  poboar … Seguir lendo

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Desesperaciom

Esfumouse sem saber porque. Enlouquecia sem ela. Lembraba as miles de cousas xuntos e como se sentiam. Canto pode amar um ser e que rapido podem olvidarte. Morituri te salutant Lesbia.

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Ti xeas mil soles

Xease o ar cando xacemos loucamente entrelazados. Estremecese o meu ser cando o meu latexo acelerase intuindote. Lentamente transcorre a vida cando nom estou ao teu lado. Ansio fundirme em ti, devezo pola tua aperta gozosa e intensa. Olvida as … Seguir lendo

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

4 anos sem ti, contigo Lesbia

Há 4 anos comezou o meu percorrer pola vida sem ti, contigo minha Lesbia. Mais de 645 post na tua busca e neste deambular diacrónico por eros e o amor/desamor acompanháronme mais de 8000 visitas por nós, por ti: Lesbia, … Seguir lendo

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Estar em ti

Estar em ti foi, é o meu bem mais preciado e fermoso, exultante e volcánico. Os nosos corpos falam e as vidas futuras agardam polo reencontro. Pulsións que trascendem mais alá do tempo. Nós.

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Orgulho

O orgulho devorou o amor e os centos de viaxes, carinho e a compenetraciom feita maxia. O caracter ailhou a paixom e as ansias de estar co ser amado. A vertixe amorosa arruinou a dualidade constantemente entrelazada. Ela gustabalhe tanto… … Seguir lendo

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Morrer

Morria de soidade e sem a sua aperta eterna e exultante. Olvidouno. Fixolhe SOS de auxilio e paixom. Conxelou os seus sentimentos e sentou a esperar inutilmente. De nada valerom os seus afectos e ceas ou miradas intimas. Foi pasta … Seguir lendo

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

NUNCA ?

É posível que nunca uma aperta duradeira estreite o meu ser. Pode que nom seja real a uniao quase eterna de 2 pessoas num só ente emocional. Quizá tudo é mentira e o meu beijo, os meus tremores quando te … Seguir lendo

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario