Só um intre

Eu escribiria sobre um intre contigo, nom necesitaria unha noite para facer um libro como em Antes do Atardecer. Sei co paraíso existe e foi grazas a ti, a nós. Agora xa nom estamos xuntos e outro, outros gozarám do edém grazas a ti. Pode co amor sexa cursi, estúpido, egoísta, evanescente mas eu lembrareite sempre. Até o último momento cando o bafo quente desapareza da minha boca algo dentro de mim lembrará que eu si te amei, gocei e apertei algunha vez. Eu tivem, tenho persoas diferentes na minha biografia mas ti es a única que lembro nestes anos, ti es quem escolherom os deuses da mentira e da vida efímera para seducirme e que eu roubase o fogo secreto do amor, si esa estúpida mentira para perpetuar a especie humana e asentar a familia, o estado e o conservadurismo social. Ti es a única cousa que a minha mente próxima ao alzeimer recordará ao borde da amnesia, ti es o motivo das minhas ansias, dores, dúbidas, medos e realidade única e ridícula. Lembras aquela cancióm que falaba dos amores que desapareciam no medio da tormenta? ti e eu, pode que só eu e os meus recordos selectivos daquel intre ao borde da depresióm e a éxtase. Ti e eu sós e distantes, sabedores de que saboreamos cada minuto xuntos, ti e eu nom em Viena nim hai 9 anos senóm na Galiza irredenta, ti e eu no medio do océano incólumes ao amor superficial e irrelevante. Eu e eu, frustrado mártir da mentira de cupido.

About osomdaalma

Carlos Garcia, da Galiza e de muitas coisas: Pessoa sendeirismo ler xadrez política desporte Galiza A lusofonia O Cinema
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s